O concurso estará rexido polas seguintes bases:
A) CONDICIÓNS DE CARÁCTER XERAL.
- As postais deben tratar motivos do Nadal.
- Os debuxos deberán ser orixinais.
- Poderán participar os alumnos do colexio que o desexen.
- O tamaño será A4/A5 (folio/mediofolio) en sentido vertical
- Os traballos entregados quedarán en poder do ANPA, cedendo completamente os seus dereitos para ser publicados nas redes sociais e web da asociación e do colexio, no seu caso.
B) DATA DE PRESENTACION DOS TRABALLOS.
- Data límite de presentación dos traballos: domingo 19 de decembro de 2021 ás 23:30 horas.
C) SOPORTE E ENTREGA
- Enviarase un arquivo “ JPG” ao correo do ANPA: acuruxa.anpa@gmail.com
- O nome do arquivo será o nome do nen@, curso e letra.
- Por exemplo: pepitolopezmartinez4primariab. jpg
D) COMPOSICIÓN DO XURADO.
- O xurado estará composto polos membros da Xunta directiva da ANPA A Curuxa.
- O resultado do concurso publicarase o 21 de decembro na páxina web e redes sociais da Asociación
E) PREMIOS.
- Haberá un gañador por categoría, que será obsequiado cun libro e material para manualidades.
- As categorias son as seguintes:
a) Infantil
b) Primaria (1º,2º,3º)
c) Primaria (4º,5º,6º) - Entrega de premios.
A forma de entrega concretarase por email de forma individual para cada un dos gañadores.
F) EXPOSICION DOS TRABALLOS
- Todos os traballos expoñeranse na web e redes sociais da ANPA A CURUXA
Cambre, 5 de Decembro de 2021.
A Xunta Directiva da ANPA A CURUXA.