Folla de inscripción actividades 2025-2026

Prazo de inscrición do 16 de xuño ao 15 de xullo (a inscrición será a través do formulario que temos
mais abaixo).

      • Inicio das actividades curso 25-26: 15 de setembro do 2025
      • Lembrade que nas actividades que queden prazas vacantes, podedes apuntarvos ata que comeze o
        último trimestre de curso.
      • Tódolos alumnos que participen nas actividades teñen a obriga de pagar o seguro de accidentes da
        ANPA prezo por determinar (aproximadamente 10,00€)
      • As familias numerosas teñen un desconto do 50% no prezo das actividades. Así mesmo, aqueles que
        presenten informe de asuntos sociais, terán un desconto do 100% nunha actividade. Todos eles
        deberán mandar por e-mail a (acuruxa.anpa@gmail.com) ou presencialmente na oficina da A.N.P.A
        antes do 30 de setembro, fotocopia do documento acreditativo da familia numerosa ou o informe de
        asuntos sociais.
      • O número mínimo de participantes por actividade será de 8. Unha vez iniciado o curso, se algunha
        actividade queda con menos de 8 participantes, poderáse anular a actividade.
      • Nas actividades nas que a demanda supere as prazas ofertadas, farase un sorteo das mesmas. Tendo
        prioridade @s alumn@s que asistiran o curso anterior e sexan socios. Os que queden sen praza
        pasarán a unha lista de agarda. Data do sorteo: A determinar en setembro. (aos implicados se lles
        avisará persoalmente da data do sorteo).
      • Unha vez acabado o prazo de inscrición 15 xullo, procederemos a ir avisando persoalmente mediante
        whastapp da situación do inscrito con respecto a actividade (admitid@, sorteo, etc…)
      • O cobro das actividades, seguro obrigatorio e cota da ANPA, será por medio de domiciliación
        bancaria. O cobro será trimestral (para aforro dos gastos bancarios). Se lles informará no mes de
        setembro, dos períodos de pago. Por cada recibo emitido por familia para aboar o custe de
        actividades añadirase o importe de 1,20€ para sufragar os costes bancarios, que non son admitid@s
        no convenio co Concello.
      • No caso dun recibo devolto, e despois do requerimento do mesmo non aboar o importe solicitado, a
        ANPA reservase o dereito de dar de baixa ao alumno na actividade que este realizando.
      • A inscrición e individual, unha por neno. Unha vez feita a inscrición as modificacions das actividades
        poderase facer por e-mail ou por whatsapp, para que esta modificación sexa efectiva, tenlle que ser
        contestada pola entidade.
      • No caso de ter problemas coa inscrición poderán:

o Chamar ao 633825271.

      • De 16 a 17 horas do luns 16 ao xoves 19 de xuño
      • De 16 a 17 horas do 8 ao 11 de setembro
        o Fora do horario anterior ata o 15 de xullo, mandar un e-mail (acuruxa.anpa@gmail.com)
        ou por whatsapp, se lles contestará na medida do posible.

Inscripción Actividades


Socio sin actividades


Modificar / Borrar Inscripción