Folla de inscripción actividades 2025-2026
Prazo de inscrición do 16 de xuño ao 15 de xullo (a inscrición será a través do formulario que temos
mais abaixo).
-
-
- Inicio das actividades curso 25-26: 15 de setembro do 2025
- Lembrade que nas actividades que queden prazas vacantes, podedes apuntarvos ata que comeze o
último trimestre de curso. - Tódolos alumnos que participen nas actividades teñen a obriga de pagar o seguro de accidentes da
ANPA prezo por determinar (aproximadamente 10,00€) - As familias numerosas teñen un desconto do 50% no prezo das actividades. Así mesmo, aqueles que
presenten informe de asuntos sociais, terán un desconto do 100% nunha actividade. Todos eles
deberán mandar por e-mail a (acuruxa.anpa@gmail.com) ou presencialmente na oficina da A.N.P.A
antes do 30 de setembro, fotocopia do documento acreditativo da familia numerosa ou o informe de
asuntos sociais. - O número mínimo de participantes por actividade será de 8. Unha vez iniciado o curso, se algunha
actividade queda con menos de 8 participantes, poderáse anular a actividade. - Nas actividades nas que a demanda supere as prazas ofertadas, farase un sorteo das mesmas. Tendo
prioridade @s alumn@s que asistiran o curso anterior e sexan socios. Os que queden sen praza
pasarán a unha lista de agarda. Data do sorteo: A determinar en setembro. (aos implicados se lles
avisará persoalmente da data do sorteo). - Unha vez acabado o prazo de inscrición 15 xullo, procederemos a ir avisando persoalmente mediante
whastapp da situación do inscrito con respecto a actividade (admitid@, sorteo, etc…) - O cobro das actividades, seguro obrigatorio e cota da ANPA, será por medio de domiciliación
bancaria. O cobro será trimestral (para aforro dos gastos bancarios). Se lles informará no mes de
setembro, dos períodos de pago. Por cada recibo emitido por familia para aboar o custe de
actividades añadirase o importe de 1,20€ para sufragar os costes bancarios, que non son admitid@s
no convenio co Concello. - No caso dun recibo devolto, e despois do requerimento do mesmo non aboar o importe solicitado, a
ANPA reservase o dereito de dar de baixa ao alumno na actividade que este realizando. - A inscrición e individual, unha por neno. Unha vez feita a inscrición as modificacions das actividades
poderase facer por e-mail ou por whatsapp, para que esta modificación sexa efectiva, tenlle que ser
contestada pola entidade. - No caso de ter problemas coa inscrición poderán:
-
o Chamar ao 633825271.
-
-
- De 16 a 17 horas do luns 16 ao xoves 19 de xuño
- De 16 a 17 horas do 8 ao 11 de setembro
o Fora do horario anterior ata o 15 de xullo, mandar un e-mail (acuruxa.anpa@gmail.com)
ou por whatsapp, se lles contestará na medida do posible.
-
Inscripción Actividades
Socio sin actividades
Modificar / Borrar Inscripción





